benvidasemptyemptyemptyemptybenvidos

miércoles, 18 de mayo de 2011

BALOO TEN FAME

Hoxe Baloo tróuxonos un poqueno banquete ata clase: nubes, linguas de gominola, galletas e auga. Con estas comidas vimos cales son duras e cales son brandas, cales son doces e cales son salgadas... E claro, antes de comelas fixemos exercicios con elas. Pasámolo moi ben e gostamos moitos do convite.

sábado, 9 de abril de 2011

VISITA DA MAGA DA SELVA

Por fin!!!! A Maga da Selva veu visitarnos!!! O certo é que costoulle convencérrmonos de que non era María, porque parecer parécense moito, pero por algo son supercurmás...
Chegou de súpeto... sen avisar... Fixo un truco de maxia e cambiou a cor da auga: azul, amarela, bermella e repartiu unhas pedras do comportamento, que cambian de cor cando nos portamos mal... e adiviñou quen foi o que se portou mal esta semana... menudas caras que lles quedou aos pobres!!!

miércoles, 23 de marzo de 2011

GINKANA DA SELVA

Menudo xogos que fixemos hoxe!!! En realidade foron 5 xogos, porque tivemos que superar cinco probas para buscas as cinco pezas do noso puzzle.
Dixemos palabras con M e buscamos as pezas pola clase; movemos papeis cunha palla e bucamos as pezas polo patio traseiro; fixemos mímica facial e buscamos pola clase de María; fixemos pompas de xabón e buscamos pola entrada do cole e, para rematar, fixemos cadenas de palabras e buscamos polo patio dianteiro do cole. Ao final compuxemos o puzzle e pegamos todas as pezas. 

jueves, 17 de marzo de 2011

IKKI VOLVE AS ANDADAS

Ikki volveu a facer das súas e descolocouno todo, incluso a nos.
Amosunos fotos de animais moi raros, porque tiñan cabeza dun animal e o corpo doutro... nos tivemos que porlles nome: paxacan (cabeza de paxaroe corpo de can), porcato (cabeza de porco e corpo de pato).

Despois fixemos un xogo para colocar as nosas caras nun puzle.

Para poder xogar nas casa, velaí van os xogos da clase de 4 anos A


e 4 anos B

jueves, 3 de marzo de 2011

O XOGO DA SELVA

Esta semana xogamos ao xogo da selva, un xogo moi semellante ao da oca pero cos personaxes da nosa selva. 
Para segui o camiño tivemos que facer burbullas, mover os papeis aspirando por unha palliña, recoñecer obxectos polo tacto ou seguir un camiño cos ollos pechados pero escoitando as instrucións dos nosos compañeiros e compañeiras. 
Ao final, fumos quen de chegar ao final e acadamos un novo autocolante para o noso carné de magas e magos da selva.


miércoles, 23 de febrero de 2011

OA ELEFANTES MARCAN O RITMO

Hoxe marcamos o ritmo cos elefantes da selva movéndonos pola clase: despacio... deprisa... deprisa... despacio... paramos...
Despois marcamos nos o ritmo falando na linguaxe da selva: susurrando como as abellas, haica atras como Ikki, con voz ronca como os monos, etc. E, como non, o remate foi colorear unha lámina dos portagonistas de hoxe, os elefantes... unha nova páxina para o noso libro da selva personal.

miércoles, 16 de febrero de 2011

SHEERE-KHAN ANDA POLO COLE

Esta semana vimos o ollos bermello de Sheere-Khan unha chea de veces. Pero como sempre, cantamos a nosa canción para espantar ao medo e... adeus medo!!
O xogo que fixemos no obradoiro de linguaxe foi atopar quen de nos desapareceu na selva... si, si... fumos desaparecendo pola selva e quedamos atrapados no medio dos fentos, das rochas, e incluso no bandullo dun elefante.
Para rematar, coloreamos unha nova lámina para o noso personal libro da selva.

miércoles, 9 de febrero de 2011

OS VOITRES

Hoxe atopamos unha nova mensaxe cando chegamos a clase.... duns novos personaxes da selva: os voitres.
Falan en rima e á mensaxe faltábanlle unha palabras que tivemos que adiviñar. Foi moi difícil pero conseguimos superar a proba e colorear unha nova lámina do noso libro da selva.

miércoles, 2 de febrero de 2011

VOLVE KAA

A serpe Kaa volveu visitármonos esta semana. Xogamos con ela a facer o son do S con diferentes intensidades. Cando ela subía nós seseábamos en voz alta e cando baixaba seseabamos en voz baixa. Foi moi divertido, sobre todo porque a algúns escápaselles a lingua e fan o son do Z e non do S.
Ao final do xogo, Kaa estaba cansa e miramos diferentes imaxes nas que amosaba diferentes emocións: tivemos que adiviñar que lle pasaba, porque podía sentirse así e imitar esa cara nos mesmos.
Tamén construímos a nosa propia serpe con palabras encadenadas: casa - sapo - polo... Esto sí que foi difícil!!!!

jueves, 27 de enero de 2011

A PROBA DOS BANDER-LOG

A Maga da Selva falou cos Bander-Log e accederon a liberar ao noso amigo Mowgli, pero antes tivemos que superar dúas probas. Na primeira tivemos que concentrarnos moitisimo e resolver unhas adiviñas.
A segunda proba consistiu en lanzar un dado ao aire e facer o que non dicía: buscar palabras con M, S, ou Z, imitar posturas coma nun espello, facer exercicios coa lingua ou soplar un muiño de vento.
Como fumos quen de superar todas as probas a Maga enviounos unha nova pegada para os nosos pasaportes; xa só quedan 4 para ser Magas e Magos da selva!!!!
Tamén coloreamos unha nova lámina para o noso libro da selva.

jueves, 20 de enero de 2011

ATOPAMOS A KAA

Seguimos sen ter novas de Mowgli. A Maga da Selva díxonos que non nos preocupemos... que cos monos non lle vai pasar nada... pero temos que conseguir que conseguir que continue o seu camiño cara ó poboado dos humanos.

Mentras esperamos polo noso amigo, atopámonos un novo personaxe da selva: a serpe Kaa. A súa pel leva escritas S e Z para traballar eses dous sons. Tivemos que pensar palabras con S e palabras co son Z... Que difícil!
Despois tivemos que escoitar as palabras que nos dicía María: se tiña S había que reptar coma serpes... se tiña o son Z tiñamos que durmir... e se non tiña nen un nen outro son, quedabamos conxelados no sitio. Esta parte foi moito máis doada.

Xa para rematar, coloreamos a Kaa para incorporala ao noso propio libro da selva.

sábado, 15 de enero de 2011

CAMIÑO DO POBOADO

Mogli comezou o camiño de regreso ao poboado dos humanos. Tal e como dixo Akela, o xefe dos lobos, Baloo e Bagheera acompáñano. O camiño é longo, atravesando toda a selva, surcando ríos, esclando montañas...
E xa xurdiu o primeiro problema: os Bander-Log, os monos xoguetóns, colleron ao noso amigo. Só queren coñecelo e xogar con el, pero non sabemos cando poderá retomar o seu camiño.
Hoxe,os monos, puxéronnos a primeira proba para recuperar a Mowgli: adiviñar os erros das súas frases. A ver que máis temos que facer!!!


viernes, 24 de diciembre de 2010

jueves, 16 de diciembre de 2010

EXPULSIÓN DA MANADA

Temos un gran problema: Akela, o xefe da manada dos lobos está preocupado porque dende a chegada de Mowgli Sheere-Khan está sempre acechando ao seu arredor.

Estivemos plantaxando diferentes solucións: enfrontármonos ao tigre, estar sempre xunto a Mowgli..., pero Akela tomou unha decisión moi dura: Mowgli debe regresar ao poboado dos humanos. Estamos moi tristes, porque é o noso amigo e non queremos que marche do noso lado.

Baloo e Bagheera teñen que acompañalo ata o poboado, así que aínda teremos máis aventuras.

O mellor do día foi unha sorpresa que nos enviou a Maga da Selva: o seu saco tiñas agasallos poéticos para todas e todos nos....uns agasallos que riman cos nosos nomes: unha batería para María, un dromedario para Mario.... a ver se adiviñas para quen é cada agasallo.

jueves, 2 de diciembre de 2010

SHEERE-KHAN ACECHA.

Sheere-Khana cecha a Mowgli mentras está xogando no río. Menos mal que nos chegamos a tempo e axudámoslle a chegar á outra beira do río sen problema. O certo é que para axudar ao noso amigo tivemos que soprar... soprar... e soprar. Pero entre todos sopramos de abondo para chegares.

O premio a tanto traballo foron as "pedras de río" que poidemos comer... sen usar as mans.

Tamén cherónnnos novos autocolantes para os nosos carnés de Magas e de Magos...xa temos tres!!!

jueves, 25 de noviembre de 2010

BUSCAMOS A MOWGLI

Por fin atopamos a Mowgli!!!! E non foi nada doado porque a pista de onde podíamos buscalo estaba pechada nunha caixa con 10 nudos.
Para desatar cada nudo tivemos que acertar, polo tacto, os obxectos que estaban dunha caixa... e non é nada doado!!!

Ao final, fumos quen de abrir a caixa e ler a pista:

 Poderás atopar a Mowgli no patio do colexio.

E alá fomos;  buscamos por todo o patio e atopámolo agochado entre unhas prantas!!!

Ceebrámolo cantando a Canción de Celebrar e pintando unha nova páxina do noso propio Libro da Selva.

Menuda aventura!!!


miércoles, 24 de noviembre de 2010

MOWGLI PERDEUSE NA SELVA.

Hoxe recibimos unha mensaxe na clase. Bagheera, unha amiga de Mowgli, díxonos que se perdeu na selva e temos que axudarlles a atopalo.


Avisamos a María e díxonos que ela investigaría o que temos que facer. Mañá saberemos como podemos axudar ao noso amigo Mowgli.

miércoles, 17 de noviembre de 2010

IKKI FAI DAS SÚAS

Menudo lío montou Ikki nas aulas de infantil. Moveu as mesas, tirou as cadeiras, exparciu a froita polo chan, revolveu o material... É un liante e alá onde vai descoloca e desordena todo o que toca.


Así que tocounos a nos recoller e organizar todo. Empezamos polas mesas, as cadeiras e as cousas de clase e rematamos organizando os debuxos dunha historia. Unha vez organizados os debuxos, cada quen contou a súa historia.

A canción de hoxe foi un xogo coas vogais:

Cando Baloo na selva comeu un platano.
Canda Bala na salva camaa an platana
Qende Bele ne selve qemé en pletené

Xa sabes como continúa, non si?

O premio a tanto traballo foi un novo autocolante para o noso carné de Magas e Magos da selva.




miércoles, 10 de noviembre de 2010

OS RONQUIDOS DE BALOO.

Como roncaba Baloo hoxe cando chegamos a clase!! Non eramos quen de espertalo. Ao final tivemos que cantarlle a canción de espertar... dúas veces!!!! Menudo dormilón.

Cando espertou, deunos unha clase sobre as leis da selva e como hai que falarlle a cada un dos animais que nos atopemos:

                       Falar da serpe: Sssssss
                       Fala da abellas: moi baixiños, case un susurro.
                       Ikki: da as ordes ao revés.
                       Fala do morcego:fala cos ollos fechados.
                       Fala do milano: fala coa vogal i
                       Elefantes: fala coa vogal u.
                       Monos (Bandar-Lor): con voz aguda e chillona.
                       Chacais: con voz forte e ronca.

Despois tivemos que adestrar moi ben os oídos porque se escoitabamos unha palabra co son S tiñamos que reptar como unha serpe, e se escoitabamos unha palabra co son Z tiñamos que roncar como Baloo. O certo é que o fixemos moi ben.

miércoles, 3 de noviembre de 2010

A PROBA DE MOWGLI

Para ser aceptado na manada dos lobos, Mowgli debe pasar unha proba e nos temos que axudarlle.
A proba consistiu en levar unhas pedras dende a beira do río ata a cova de Akela, o xefe da manda, pero coa única axuda dunha palliña....si, si, si,...aspirando o aire por unha palliña. Ao final, entre todas e todas conseguimos superar a proba.



O premio de hoxe foi o carné de Magos e Magas que apareceu na clase no saco da Maga da Selva. Se imos superando as diferentes probas, acadaremos as pegadas necesarias para encher todo o carné e convertírmonos en verdadeiras Magas e Magos da Selva!!!


A proba de Mowgli on PhotoPeach