benvidasemptyemptyemptyemptybenvidos

jueves, 27 de enero de 2011

A PROBA DOS BANDER-LOG

A Maga da Selva falou cos Bander-Log e accederon a liberar ao noso amigo Mowgli, pero antes tivemos que superar dúas probas. Na primeira tivemos que concentrarnos moitisimo e resolver unhas adiviñas.
A segunda proba consistiu en lanzar un dado ao aire e facer o que non dicía: buscar palabras con M, S, ou Z, imitar posturas coma nun espello, facer exercicios coa lingua ou soplar un muiño de vento.
Como fumos quen de superar todas as probas a Maga enviounos unha nova pegada para os nosos pasaportes; xa só quedan 4 para ser Magas e Magos da selva!!!!
Tamén coloreamos unha nova lámina para o noso libro da selva.

jueves, 20 de enero de 2011

ATOPAMOS A KAA

Seguimos sen ter novas de Mowgli. A Maga da Selva díxonos que non nos preocupemos... que cos monos non lle vai pasar nada... pero temos que conseguir que conseguir que continue o seu camiño cara ó poboado dos humanos.

Mentras esperamos polo noso amigo, atopámonos un novo personaxe da selva: a serpe Kaa. A súa pel leva escritas S e Z para traballar eses dous sons. Tivemos que pensar palabras con S e palabras co son Z... Que difícil!
Despois tivemos que escoitar as palabras que nos dicía María: se tiña S había que reptar coma serpes... se tiña o son Z tiñamos que durmir... e se non tiña nen un nen outro son, quedabamos conxelados no sitio. Esta parte foi moito máis doada.

Xa para rematar, coloreamos a Kaa para incorporala ao noso propio libro da selva.

sábado, 15 de enero de 2011

CAMIÑO DO POBOADO

Mogli comezou o camiño de regreso ao poboado dos humanos. Tal e como dixo Akela, o xefe dos lobos, Baloo e Bagheera acompáñano. O camiño é longo, atravesando toda a selva, surcando ríos, esclando montañas...
E xa xurdiu o primeiro problema: os Bander-Log, os monos xoguetóns, colleron ao noso amigo. Só queren coñecelo e xogar con el, pero non sabemos cando poderá retomar o seu camiño.
Hoxe,os monos, puxéronnos a primeira proba para recuperar a Mowgli: adiviñar os erros das súas frases. A ver que máis temos que facer!!!