benvidasemptyemptyemptyemptybenvidos

jueves, 9 de febrero de 2012

BUSCAMOS A MOWGLI

Por fin atopamos a Mowgli!!!! E non foi nada doado porque a pista de onde podíamos buscalo estaba pechada nunha caixa con 10 nudos.
Para desatar cada nudo tivemos que acertar, polo tacto, os obxectos que estaban dunha caixa... e non é nada doado!!!

Ao final, fumos quen de abrir a caixa e ler a pista:

 Poderás atopar a Mowgli no patio do colexio.

E alá fomos;  buscamos por todo o patio e atopámolo agochado entre unhas prantas!!!

jueves, 2 de febrero de 2012

A VISITA DOS VOITRES

Hoxe atopamos unha nova mensaxe cando chegamos a clase.... duns novos personaxes da selva: os voitres.
Falan en rima e á mensaxe faltábanlle unha palabras que tivemos que adiviñar. Foi moi difícil pero conseguimos superar a proba e colorear unha nova lámina do noso libro da selva.