benvidasemptyemptyemptyemptybenvidos

viernes, 17 de junio de 2011

FINAL DA VIAXE

Chegamos xa ao final da nosa viaxe pola selva.
Fumos quen de superar todas as probas e aprendemos moitísimas cousas e, sobre todo, completamos o noso carné de Magos e Magas.Así que a nosa amiga a Maga da Selva deixounos uns diplomas que nos acredita como tales.
Ademais, rematamos o noso particular libro da selva coa fichas que coloreamos ao longo do curso.



miércoles, 8 de junio de 2011

AS PROBAS DA SELVA

Esta semana tivemos que superar máis probas para atopar as pezas dun puzles e compoñelo despois na aula: soprar as candeas, fixemos burbullas, pensamos palabras con diferentes sons, falamos en susurro e agarramos un lápiz co beizo superior mentras nos movemos polo patio... todo un reto!!

E o premio final foi un novo autocolante para o noso carné de magas e magos da selva... e só nos queda por conseguir un máis!!!!!

miércoles, 1 de junio de 2011

RIKITIKITABI

Hoxe visitounos o Rikitikitabi, un avestruz que fala dun xeito extraño: comeza todas as palabas con "RE"... Reentendes? 
Esta nova personaxe axudounos a discriminar palabras con erre forte e suave, primeiro cunhas fotos de obxectos e despois saltando como ras ou acariciándonos a cara segundo o que escoitáramos.