benvidasemptyemptyemptyemptybenvidos

miércoles, 14 de marzo de 2012

MARCAMOS O RITMO COS ELEFANTES

Hoxe marcamos o ritmo cos elefantes da selva movéndonos pola clase: despacio... deprisa... deprisa... despacio... paramos...
Despois marcamos nos o ritmo falando na linguaxe da selva: susurrando como as abellas, haica atras como Ikki, con voz ronca como os monos, etc. E, como non, o remate foi colorear unha lámina dos portagonistas de hoxe, os elefantes... unha nova páxina para o noso libro da selva personal.

jueves, 9 de febrero de 2012

BUSCAMOS A MOWGLI

Por fin atopamos a Mowgli!!!! E non foi nada doado porque a pista de onde podíamos buscalo estaba pechada nunha caixa con 10 nudos.
Para desatar cada nudo tivemos que acertar, polo tacto, os obxectos que estaban dunha caixa... e non é nada doado!!!

Ao final, fumos quen de abrir a caixa e ler a pista:

 Poderás atopar a Mowgli no patio do colexio.

E alá fomos;  buscamos por todo o patio e atopámolo agochado entre unhas prantas!!!

jueves, 2 de febrero de 2012

A VISITA DOS VOITRES

Hoxe atopamos unha nova mensaxe cando chegamos a clase.... duns novos personaxes da selva: os voitres.
Falan en rima e á mensaxe faltábanlle unha palabras que tivemos que adiviñar. Foi moi difícil pero conseguimos superar a proba e colorear unha nova lámina do noso libro da selva.

viernes, 27 de enero de 2012

A SERPE KAA

A serpe Kaa volveu visitármonos esta semana. Xogamos con ela a facer o son do S con diferentes intensidades. Cando ela subía nós seseábamos en voz alta e cando baixaba seseabamos en voz baixa. Foi moi divertido, sobre todo porque a algúns escápaselles a lingua e fan o son do Z e non do S.
Ao final do xogo, Kaa estaba cansa e miramos diferentes imaxes nas que amosaba diferentes emocións: tivemos que adiviñar que lle pasaba, porque podía sentirse así e imitar esa cara nos mesmos.
Tamén construímos a nosa propia serpe con palabras encadenadas: casa - sapo - polo... Esto sí que foi difícil!!!!

viernes, 20 de enero de 2012

LIBERAMOS A MOWGLI

A Maga da Selva falou cos Bander-Log e accederon a liberar ao noso amigo Mowgli, pero antes tivemos que superar dúas probas. Na primeira tivemos que concentrarnos moitisimo e resolver unhas adiviñas.
A segunda proba consistiu en lanzar un dado ao aire e facer o que non dicía: buscar palabras con M, S, ou Z, imitar posturas coma nun espello, facer exercicios coa lingua ou soplar un muiño de vento.
Como fumos quen de superar todas as probas a Maga enviounos unha nova pegada para os nosos pasaportes; xa queda menos para ser Magas e Magos da selva!!!!
Tamén coloreamos unha nova lámina para o noso libro da selva.

viernes, 13 de enero de 2012

MOWGLI DESAPARECE

Retomamos a nosa viaxe pola selva despois deste longo descanso navideño.E, como non podía ser doutro xeito, a Maga da Selva tíñanos preparada unha sorpresa: os agasallos poéticos. Así, fumos recibindo un tren (Carmen), un traxe de buceo (Mateo), etc. Toda unha sorpresa navideña!!!

Adeamis, Mowgli, Baloo e Bagheera están facendo un longo camiño, atravesando toda a selva, surcando ríos, escalndo montañas...E xa xurdiu o primeiro problema: o noso amigo Mowgli desapareceu de súpeto e non sabemos onde está. 

Falamos coa Maga da Selva para cotárllelo e prometeu avisarnos cando soubese que paso co noso amigo. A ver se nos chama pronto!!!

viernes, 18 de noviembre de 2011

IKKI FAI DAS SÚAS!

Menudo lío montou Ikki nas aulas de infantil. Moveu as mesas, tirou as cadeiras, exparciu a froita polo chan, revolveu o material... É un liante e alá onde vai descoloca e desordena todo o que toca.


Así que tocounos a nos recoller e organizar todo. Empezamos polas mesas, as cadeiras e as cousas de clase e rematamos organizando os debuxos dunha historia. Unha vez organizados os debuxos, cada quen contou a súa historia.

A canción de hoxe foi un xogo coas vogais:

Cando Baloo na selva comeu un platano.
Canda Bala na salva camaa an platana
Qende Bele ne selve qemé en pletené

Xa sabes como continúa, non si?

O premio a tanto traballo foi un novo autocolante para o noso carné de Magas e Magos da selva.