benvidasemptyemptyemptyemptybenvidos

miércoles, 23 de febrero de 2011

OA ELEFANTES MARCAN O RITMO

Hoxe marcamos o ritmo cos elefantes da selva movéndonos pola clase: despacio... deprisa... deprisa... despacio... paramos...
Despois marcamos nos o ritmo falando na linguaxe da selva: susurrando como as abellas, haica atras como Ikki, con voz ronca como os monos, etc. E, como non, o remate foi colorear unha lámina dos portagonistas de hoxe, os elefantes... unha nova páxina para o noso libro da selva personal.

miércoles, 16 de febrero de 2011

SHEERE-KHAN ANDA POLO COLE

Esta semana vimos o ollos bermello de Sheere-Khan unha chea de veces. Pero como sempre, cantamos a nosa canción para espantar ao medo e... adeus medo!!
O xogo que fixemos no obradoiro de linguaxe foi atopar quen de nos desapareceu na selva... si, si... fumos desaparecendo pola selva e quedamos atrapados no medio dos fentos, das rochas, e incluso no bandullo dun elefante.
Para rematar, coloreamos unha nova lámina para o noso personal libro da selva.

miércoles, 9 de febrero de 2011

OS VOITRES

Hoxe atopamos unha nova mensaxe cando chegamos a clase.... duns novos personaxes da selva: os voitres.
Falan en rima e á mensaxe faltábanlle unha palabras que tivemos que adiviñar. Foi moi difícil pero conseguimos superar a proba e colorear unha nova lámina do noso libro da selva.

miércoles, 2 de febrero de 2011

VOLVE KAA

A serpe Kaa volveu visitármonos esta semana. Xogamos con ela a facer o son do S con diferentes intensidades. Cando ela subía nós seseábamos en voz alta e cando baixaba seseabamos en voz baixa. Foi moi divertido, sobre todo porque a algúns escápaselles a lingua e fan o son do Z e non do S.
Ao final do xogo, Kaa estaba cansa e miramos diferentes imaxes nas que amosaba diferentes emocións: tivemos que adiviñar que lle pasaba, porque podía sentirse así e imitar esa cara nos mesmos.
Tamén construímos a nosa propia serpe con palabras encadenadas: casa - sapo - polo... Esto sí que foi difícil!!!!