benvidasemptyemptyemptyemptybenvidos

viernes, 28 de octubre de 2011

MOWGLI TEN QUE SUPERAR UNHA PROBA

Para ser aceptado na manada dos lobos, Mowgli debe pasar unha proba e nos temos que axudarlle.
A proba consistiu en levar unhas pedras dende a beira do río ata a cova de Akela, o xefe da manda, pero coa única axuda dunha palliña....si, si, si,...aspirando o aire por unha palliña. Ao final, entre todas e todas conseguimos superar a proba.


O premio de hoxe foi o carné de Magos e Magas que apareceu na clase no saco da Maga da Selva. Se imos superando as diferentes probas, acadaremos as pegadas necesarias para encher todo o carné e convertírmonos en verdadeiras Magas e Magos da Selva!!!

sábado, 22 de octubre de 2011

A ESCURAS

A aventura de hoxe tivo lugar na cova de Mowgli, totalmente a escuras! A única luz era a dunhas candeas que iluminaban un chisco o lugar. O primeiro que fixemos foi soprar as candeas e, claro, quedamos totalmente a escuras. Ningún de nós tivo medo porque cantamos a
nosa canción para espantalo....que valentes somos!!
No medio da escuridade, tivemos que atopar as letras M que estaban espalladas pola nosa alfombra.
Como fixemos todas as probas moi ben, cantamos a canción das celebracións:

Aram sansan
Aram sansan
Buli buli buli buli
Aram sansan
A letra non é nada difícil de aprender e o baile resultou moi divertido.

viernes, 14 de octubre de 2011

ENTRAMOA NA COVA DE MOWGLI

Hoxe visitamos a cova de Mowgli, onde vive coa súa nai Raskha e os seus irmáns lobeznos.

Dentro atopamos tarxetas con fotos dos animais da selva e tivemos que escoitar con moita calma e descubrir os que levan o son M no seu nome. Seguimos adestrando o noso oído descubrindo cal era o animal que se escoitaba pola aula.

Tamén comezamos o  noso libro da selva personal e coloreamos a lámina de Raskha. Podedes ver a nosa aventura completa nas fotos de abaixo.

miércoles, 12 de octubre de 2011

COMEZAMOS A NOSA AVENTURA POLA SELVA

Esta semana tivemos unha visita inesperada no cole: Mowgli. Deixounos unha mensaxe explicándonos que vive na selva cunha familia de lobos e cos seus amigos Baloo e Bagheera. Deixounos as pezas dun puzzle e fixemos un mural da selva.


Convidounos a acompañalo nas súas aventuras pola selva e, por suposto, dixémoslle que si.