benvidasemptyemptyemptyemptybenvidos

viernes, 24 de diciembre de 2010

jueves, 16 de diciembre de 2010

EXPULSIÓN DA MANADA

Temos un gran problema: Akela, o xefe da manada dos lobos está preocupado porque dende a chegada de Mowgli Sheere-Khan está sempre acechando ao seu arredor.

Estivemos plantaxando diferentes solucións: enfrontármonos ao tigre, estar sempre xunto a Mowgli..., pero Akela tomou unha decisión moi dura: Mowgli debe regresar ao poboado dos humanos. Estamos moi tristes, porque é o noso amigo e non queremos que marche do noso lado.

Baloo e Bagheera teñen que acompañalo ata o poboado, así que aínda teremos máis aventuras.

O mellor do día foi unha sorpresa que nos enviou a Maga da Selva: o seu saco tiñas agasallos poéticos para todas e todos nos....uns agasallos que riman cos nosos nomes: unha batería para María, un dromedario para Mario.... a ver se adiviñas para quen é cada agasallo.

jueves, 2 de diciembre de 2010

SHEERE-KHAN ACECHA.

Sheere-Khana cecha a Mowgli mentras está xogando no río. Menos mal que nos chegamos a tempo e axudámoslle a chegar á outra beira do río sen problema. O certo é que para axudar ao noso amigo tivemos que soprar... soprar... e soprar. Pero entre todos sopramos de abondo para chegares.

O premio a tanto traballo foron as "pedras de río" que poidemos comer... sen usar as mans.

Tamén cherónnnos novos autocolantes para os nosos carnés de Magas e de Magos...xa temos tres!!!

jueves, 25 de noviembre de 2010

BUSCAMOS A MOWGLI

Por fin atopamos a Mowgli!!!! E non foi nada doado porque a pista de onde podíamos buscalo estaba pechada nunha caixa con 10 nudos.
Para desatar cada nudo tivemos que acertar, polo tacto, os obxectos que estaban dunha caixa... e non é nada doado!!!

Ao final, fumos quen de abrir a caixa e ler a pista:

 Poderás atopar a Mowgli no patio do colexio.

E alá fomos;  buscamos por todo o patio e atopámolo agochado entre unhas prantas!!!

Ceebrámolo cantando a Canción de Celebrar e pintando unha nova páxina do noso propio Libro da Selva.

Menuda aventura!!!


miércoles, 24 de noviembre de 2010

MOWGLI PERDEUSE NA SELVA.

Hoxe recibimos unha mensaxe na clase. Bagheera, unha amiga de Mowgli, díxonos que se perdeu na selva e temos que axudarlles a atopalo.


Avisamos a María e díxonos que ela investigaría o que temos que facer. Mañá saberemos como podemos axudar ao noso amigo Mowgli.

miércoles, 17 de noviembre de 2010

IKKI FAI DAS SÚAS

Menudo lío montou Ikki nas aulas de infantil. Moveu as mesas, tirou as cadeiras, exparciu a froita polo chan, revolveu o material... É un liante e alá onde vai descoloca e desordena todo o que toca.


Así que tocounos a nos recoller e organizar todo. Empezamos polas mesas, as cadeiras e as cousas de clase e rematamos organizando os debuxos dunha historia. Unha vez organizados os debuxos, cada quen contou a súa historia.

A canción de hoxe foi un xogo coas vogais:

Cando Baloo na selva comeu un platano.
Canda Bala na salva camaa an platana
Qende Bele ne selve qemé en pletené

Xa sabes como continúa, non si?

O premio a tanto traballo foi un novo autocolante para o noso carné de Magas e Magos da selva.




miércoles, 10 de noviembre de 2010

OS RONQUIDOS DE BALOO.

Como roncaba Baloo hoxe cando chegamos a clase!! Non eramos quen de espertalo. Ao final tivemos que cantarlle a canción de espertar... dúas veces!!!! Menudo dormilón.

Cando espertou, deunos unha clase sobre as leis da selva e como hai que falarlle a cada un dos animais que nos atopemos:

                       Falar da serpe: Sssssss
                       Fala da abellas: moi baixiños, case un susurro.
                       Ikki: da as ordes ao revés.
                       Fala do morcego:fala cos ollos fechados.
                       Fala do milano: fala coa vogal i
                       Elefantes: fala coa vogal u.
                       Monos (Bandar-Lor): con voz aguda e chillona.
                       Chacais: con voz forte e ronca.

Despois tivemos que adestrar moi ben os oídos porque se escoitabamos unha palabra co son S tiñamos que reptar como unha serpe, e se escoitabamos unha palabra co son Z tiñamos que roncar como Baloo. O certo é que o fixemos moi ben.

miércoles, 3 de noviembre de 2010

A PROBA DE MOWGLI

Para ser aceptado na manada dos lobos, Mowgli debe pasar unha proba e nos temos que axudarlle.
A proba consistiu en levar unhas pedras dende a beira do río ata a cova de Akela, o xefe da manda, pero coa única axuda dunha palliña....si, si, si,...aspirando o aire por unha palliña. Ao final, entre todas e todas conseguimos superar a proba.



O premio de hoxe foi o carné de Magos e Magas que apareceu na clase no saco da Maga da Selva. Se imos superando as diferentes probas, acadaremos as pegadas necesarias para encher todo o carné e convertírmonos en verdadeiras Magas e Magos da Selva!!!


A proba de Mowgli on PhotoPeach

miércoles, 27 de octubre de 2010

A ESCURAS!

A aventura de hoxe tivo lugar na cova de Mowgli, totalmente a escuras! A única luz era a dunhas candeas que iluminaban un chisco o lugar. O primeiro que fixemos foi soprar as candeas e, claro, quedamos totalmente a escuras. Ningún de nós tivo medo porque cantamos a
nosa canción para espantalo....que valentes somos!!
No medio da escuridade, tivemos que atopar as letras M que estaban espalladas pola nosa alfombra.

Como fixemos todas as probas moi ben, cantamos a canción das celebracións:

Aram sansan
Aram sansan
Buli buli buli buli
Aram sansan
A letra non é nada difícil de aprender e o baile resultou moi divertido.

A escuras na cova on PhotoPeach

miércoles, 20 de octubre de 2010

A COVA DE MOWGLI

Hoxe visitamos a cova de Mowgli, onde vive coa súa nai Raskha e os seus irmáns lobeznos.

Dentro atopamos tarxetas con fotos dos animais da selva e tivemos que escoitar con moita calma e descubrir os que levan o son M no seu nome. Seguimos adestrando o noso oído descubrindo cal era o animal que se escoitaba pola aula.

Tamén comezamos o  noso libro da selva personal e coloreamos a lámina de Raskha. Podedes ver a nosa aventura completa nas fotos de abaixo.

A cova de Mowgli on PhotoPeach

miércoles, 13 de octubre de 2010

A canción do medo

Hoxe aprendemos a canción para quitármonos o medo. Agora xa non teremos medo de nada porque somos moi valientes.

Sae, medo sae...
Sae, medo sae...
Son valiente,
e nada me vai pasar.

miércoles, 6 de octubre de 2010

Comeza a aventura!

Esta semana tivemos unha visita inesperada no cole: Mowgli. Deixounos unha mensaxe explicándonos que vive na selva cunha familia de lobos e cos seus amigos Baloo e Bagheera. Deixounos as pezas dun puzzle e fixemos un mural da selva.


Convidounos a acompañalo nas súas aventuras pola selva e, por suposto, dixémoslle que si.