benvidasemptyemptyemptyemptybenvidos

viernes, 27 de enero de 2012

A SERPE KAA

A serpe Kaa volveu visitármonos esta semana. Xogamos con ela a facer o son do S con diferentes intensidades. Cando ela subía nós seseábamos en voz alta e cando baixaba seseabamos en voz baixa. Foi moi divertido, sobre todo porque a algúns escápaselles a lingua e fan o son do Z e non do S.
Ao final do xogo, Kaa estaba cansa e miramos diferentes imaxes nas que amosaba diferentes emocións: tivemos que adiviñar que lle pasaba, porque podía sentirse así e imitar esa cara nos mesmos.
Tamén construímos a nosa propia serpe con palabras encadenadas: casa - sapo - polo... Esto sí que foi difícil!!!!

No hay comentarios: