Esta semana xogamos ao xogo da selva, un xogo moi semellante ao da oca pero cos personaxes da nosa selva.
Para segui o camiño tivemos que facer burbullas, mover os papeis aspirando por unha palliña, recoñecer obxectos polo tacto ou seguir un camiño cos ollos pechados pero escoitando as instrucións dos nosos compañeiros e compañeiras.
Ao final, fumos quen de chegar ao final e acadamos un novo autocolante para o noso carné de magas e magos da selva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario