A proba consistiu en levar unhas pedras dende a beira do río ata a cova de Akela, o xefe da manda, pero coa única axuda dunha palliña....si, si, si,...aspirando o aire por unha palliña. Ao final, entre todas e todas conseguimos superar a proba.
O premio de hoxe foi o carné de Magos e Magas que apareceu na clase no saco da Maga da Selva. Se imos superando as diferentes probas, acadaremos as pegadas necesarias para encher todo o carné e convertírmonos en verdadeiras Magas e Magos da Selva!!!
3 comentarios:
HAI QUE VER COMO TRABALLAN! O MELLOR QUE PARA ELES É UN XOGO!!
Diso se trata.... de traballar xogando. Así gozamos todos co traballo.
Moitos bicos
¡Que ben o pasan e canto se motivan! Bicos.
Publicar un comentario