benvidasemptyemptyemptyemptybenvidos

miércoles, 10 de noviembre de 2010

OS RONQUIDOS DE BALOO.

Como roncaba Baloo hoxe cando chegamos a clase!! Non eramos quen de espertalo. Ao final tivemos que cantarlle a canción de espertar... dúas veces!!!! Menudo dormilón.

Cando espertou, deunos unha clase sobre as leis da selva e como hai que falarlle a cada un dos animais que nos atopemos:

                       Falar da serpe: Sssssss
                       Fala da abellas: moi baixiños, case un susurro.
                       Ikki: da as ordes ao revés.
                       Fala do morcego:fala cos ollos fechados.
                       Fala do milano: fala coa vogal i
                       Elefantes: fala coa vogal u.
                       Monos (Bandar-Lor): con voz aguda e chillona.
                       Chacais: con voz forte e ronca.

Despois tivemos que adestrar moi ben os oídos porque se escoitabamos unha palabra co son S tiñamos que reptar como unha serpe, e se escoitabamos unha palabra co son Z tiñamos que roncar como Baloo. O certo é que o fixemos moi ben.

No hay comentarios: