benvidasemptyemptyemptyemptybenvidos

miércoles, 17 de noviembre de 2010

IKKI FAI DAS SÚAS

Menudo lío montou Ikki nas aulas de infantil. Moveu as mesas, tirou as cadeiras, exparciu a froita polo chan, revolveu o material... É un liante e alá onde vai descoloca e desordena todo o que toca.


Así que tocounos a nos recoller e organizar todo. Empezamos polas mesas, as cadeiras e as cousas de clase e rematamos organizando os debuxos dunha historia. Unha vez organizados os debuxos, cada quen contou a súa historia.

A canción de hoxe foi un xogo coas vogais:

Cando Baloo na selva comeu un platano.
Canda Bala na salva camaa an platana
Qende Bele ne selve qemé en pletené

Xa sabes como continúa, non si?

O premio a tanto traballo foi un novo autocolante para o noso carné de Magas e Magos da selva.




No hay comentarios: