Cando espertou, deunos unha clase sobre as leis da selva e como hai que falarlle a cada un dos animais que nos atopemos:
Falar da serpe: Sssssss
Fala da abellas: moi baixiños, case un susurro.
Ikki: da as ordes ao revés.
Fala do morcego:fala cos ollos fechados.
Fala do milano: fala coa vogal i
Elefantes: fala coa vogal u.
Monos (Bandar-Lor): con voz aguda e chillona.
Chacais: con voz forte e ronca.
Despois tivemos que adestrar moi ben os oídos porque se escoitabamos unha palabra co son S tiñamos que reptar como unha serpe, e se escoitabamos unha palabra co son Z tiñamos que roncar como Baloo. O certo é que o fixemos moi ben.
1 comentario:
Este Baloo fai cada unha.....!menos mal que estes rapaces son moi listos e aprenden as cousas axiña.¡BiquiñoSsssssssss
Publicar un comentario