
Así que tocounos a nos recoller e organizar todo. Empezamos polas mesas, as cadeiras e as cousas de clase e rematamos organizando os debuxos dunha historia. Unha vez organizados os debuxos, cada quen contou a súa historia.
A canción de hoxe foi un xogo coas vogais:
Cando Baloo na selva comeu un platano.
Canda Bala na salva camaa an platana
Qende Bele ne selve qemé en pletené
Xa sabes como continúa, non si?
O premio a tanto traballo foi un novo autocolante para o noso carné de Magas e Magos da selva.